Parafraseando
a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a
súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea
fascista, “Xamais renunciaremos nin o máis vello dos nosos sonos”.
O
14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o
primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un
verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución
democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de
igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha
república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime
de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular,
establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23
anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses
da economía nacional, constituíuse un “Estado integral,
compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o
principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os
Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán
economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”,
ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o
ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a
liberdade de cátedra.
A
II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade,
na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución
da xustiza social.
Este
sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso
a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.
O
14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o
dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e
concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o
golpe de estado franquista contra a II República.
“Quen
esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai
moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha
gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica.
Porque
a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de
estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía
que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un
goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde
que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando Nacional
contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que
enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que
aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda
Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para
matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro
xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun
pobo que se quería libre.
Lembro agora unha
das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres
enterran semente.”
Algúns din que
cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas,
pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas?, ¿como
perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en
Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é
un delito.
Por
Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras
contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só
temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da
barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.
Temos
documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles
foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a
legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no
cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor
Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17
mariñeiros do “Mar Cantabrico”.
Nove
veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e
asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous
morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión.
Estas
93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os
que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os
presos, os multados...
Como
terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do
Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e
“España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que
para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros
do “Acorazado España”.
O
próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e
todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val unha
ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados.
Honor
e Gloria os nosos mártires.
Saúde
e República. A pola terceira.