jueves, 28 de abril de 2016

O ENCONTRO DE MARXISTAS DIANTE DO 1º DE MAIO



Os e as comunistas, neste Primeiro de Maio, onde os operarios de todo o mundo expresan a súa solidariedade internacionalista, consideramos importante facer énfasis en varias cuestións que creemos de vital importancia para enmarcar o actual contexto de crack económico e para resolver estes momentos delicados para a clase traballadora galega.

1. A actual crise, que empezou en o 2008 e aínda continúa, é de sobre produción en aras do beneficio dunha minoría parasitaria e corrupta, algo o que hai que sumarlle o veloz enriquecimiento e especulativo do capital financeiro.

Isto provoca unha contradición esencial do capitalismo: O control dos medios de produción está neste sistema en mans da patronal e non de quenes fabricamos ou elaboramos. Pólo tanto, a forza de traballo é tratada tamén como simple mercancía, que debe de ser escasa para o funcionamento explotador deste modelo.

2. Tendo claro que a natureza das relacións capital - traballo baixo este método son irregulares, a saída do propio sistema pasa por a destrución de forzas produtivas, o cal xera desemprego, salarios insuficientes e precariedade.

Pero non contenta a burguesía con isto, no seu afán acumulativo e monopolista, xorden as guerras do imperialismo contra aqueles pobos que defenden a súa soberanía e independencia nacional, impoñendo así o seu desmedido abuso de recursos, un férreo dominio político e o control social. Fálannos de paz, de xustiza e de democracia, cando en realidade fan todo o contrario.

Tamén en este vergonzoso intento de remediar algo que toca fondo, os actuais poderes económicos crean unha ficticia división entre xéneros para facernos máis débiles si cabe. Pero que non nos confundan, a loita das mulleres, doblemente castigadas, é realmente contra o propio libre mercantilismo, quen exerce o seu forte patriarcado, e non contra o home por selo.

E non menos repugnante, e a par que repulsivo, é o auxe do fascismo en Europa. Partidos como a Fronte Nacional de Marine Lle Pen ou o FPO de Austria aumentaron o seu apoio considerablemente, con programas altamente xenófobos e de deriva totalitaria, xa que son, e recordando a cita de Dimitrov, histórico dirixente comunista búlgaro, as organizacións do axuste de contas terrorista contra a clase obreira.

3. O muro de contención oligárquico, en Galicia e no resto de nacións e pobos do Estado Español, é o Réxime de o 78, imposto póla ditadura franquista  e co apoio do PCE controlado por o carrillismo, pólas posicións reconciliadoras co terror falanxista.

Esta estrutura, que só concedeu certas concesións pólas presións dos obreiros organizados en sindicatos e frontes de masas en aquel entón, está sustentada por un Xefe de Estado non electo por a maioría social e por un turnismo que apenas ofrece diferenzas nas súas políticas.

Dedúcese que a problemática non é só económica, si non tamén política, de quen exerce o poder e con quen se sitúa, ou coa maioría social ou coa burguesía que vive do noso esforzo e é culpable desta conxuntura. As dificultades económicas non se poden corrixir sen facer o mesmo coas dificultades políticas, isto é, a saída inmediata do sistema que se sustenta nos mesmos.

4. Ante estas circunstancias xurdiu, coa axuda dos medios de comunicación privados, o fenómeno ciudadanista, indefinido no ideolóxico ( nin de esquerdas nin de dereitas )  e inspirado na Revolución Francesa, errada ó intentar implantar Liberdade, Igualdade e Fraternidade sen superar as desigualdades sociais típica do modelo burgués de relacións.

Podemos, e xa non só eles, ofrecen a falsa esperanza de que sen a nosa unidade nin loita e simplemente depositando un voto pódese facer un cambio profundo de esta pésima situación. Históricamente, e cabo recordalo, o conflito obreiro foi a correa de transmisión dos cambios.

5. Pólo tanto, que alternativa ofrecemos os e as revolucionarias ? É evidente que con todo o antes exposto o capitalismo é irreformable.  O soño ilusorio de que a riqueza non estea en mans duns poucos choca coa alma do liberalismo, a concentración económica.

Hai que , e así o defendemos, empuxar cara a a UNIDADE POPULAR que instaure unha REPÚBLICA POPULAR e o SOCIALISMO nun proceso ininterrumpido. Esa é a que divisamos como meta a conquistar.

Pero este obxectivo non se pode cumprir sen o importante labor de vanguardia obreira do Partido Comunista Unificado, que non existe lamentablemente. Por iso chamamos a propia coordinación entre marxistas para reconstruír a Organización de Novo Tipo, baseada nos ensinos dos bolcheviques, o cal guiará ó proletariado cara a a vitoria final.

 SEN UNIDADE DA CLASE TRABALLADORA NON HAI OPCIÓNS!
 ESTE 1º DE MAIO A LOITAR PÓLA REPÚBLICA POPULAR E O SOCIALISMO!!
VENCEREMOS!!!