martes, 19 de abril de 2016

RESUMO DA FOLGA ESTUDANTIL DO DIA 13 DE ABRIL EN VIGO




O Pasado mércores 13 de abril estivo marcado pola xornada de folga en Vigo. Nesta dende primeira hora levouse a cabo actos e acción de loita por parte da asamblea de folga de Vigo máis ERGUER, organizacións que levaron a cabo piquetes en varios centros de estudos, de educación secundaria, fp e Universidade.

As 12h estaba convocada pola Asemblea de Folga de Vigo a manifestación que fixo un recorrido que saíu dende praza América ata o edificio da xunta na cidade, dando remate á manifestación na rúa Colón, xa que as autoridades policiais impediron un maior acercamento aos organismos da administración.

A manifestación contou cun seguimento baixo, asistindo a mesma arredor de 700-1000 estudantes, cifra bastante pequena tendo en conta o amplo número de estudantado que compón a sociedade viguesa.

O transcurso da manifestación, dende o comezo estivo marcado pola rivalidade entre as organizacións que xuntaronse á convocatoria de folga, principalmente ERGUER que saltandose as decisións asamblearias tomadas na propia asamblea de folga de vigo, poñendo trabas a que a faixa da asamblea fora firmada pola propia asamblea e a que esta fose na cabeceira da manifestación, primeiro, e logo buscando que a faixa da asamblea e a sua propia foran en paralelo. Así mesmo portando material in¡dentificativo propio da súa organización. 



En definitiva, o Encontro de Marxistas constatou que con estos feitos buscábase de forma oportunista facerse ca manifestación para os seus propósitos e atribuindose para eles o traballo.

Dado que a priori non conseguiron as súas pretensións e a faixa da asamblea precedeu en solitario a manifestación, colocaron a súa o final e frearonse, buscando romper a manifestación deixando a asamblea en solitario, e querendo con estos actos que a manifestación virase coma sua. Ante estos feitos parte do estudantado encheu o oco vacío ó ver tales maniobras.

Unha vez arranxados estos feitos normalizouse o transcurso da manifestación marcada pola forte presencia policial, totalmente desproporcionada, que sen dúbida buscaba intimidar ao estudantado. Ademáis disto, houbo unha forte rivalidade nas consignas, dada previsiblemente por non fixar unhas consignas comúns previamente. Erro que cometeron todo-los grupos.



Ao rematar o recorrido leeronse os diferentes manifestos, os cales, simplemente centraronse no ensino universitario, olvidando de forma casi total á FP e ao ensino medio, feito que previsiblemente deuse dado a ausencia de representes destos grupos na elaboración dos diferentes manifestos, que coidemos que non se repita en futuras reivindicacións.

VIGO, 14 DE ABRIL DO 2016.
Encontro de Marxistas

No hay comentarios:

Publicar un comentario