viernes, 13 de mayo de 2016

O ENCONTRO DE MARXISTAS CONDENA Ó GOLPE DE ESTADO NO BRASIL



O Encontro de Marxistas quere mostrar a súa solidariedade co pobo do Brasil fronte o novo goberno antidemocrático da oligarquía ó servizo do capitalismo transnacional, que fixo un golpe de estado a espaldas das traballadoras e traballadores brasileiros nun plan imperialista que desbancou o PT do poder executivo liderado pola lexítima presidenta Dilma Rousseff.

Tamén este espazo de coordinación das comunistas chama a artellar unha saída democrático popular no país sudamericano para avanzar na vía revolucionaria polo Socialismo, entendendo que o Partido Dos Trabalhadores non respodeu a estes intereses. 

Aquí vai a nosa solidariedade a pesar das lóxicas diferenzas. Que non acaben co soño emancipador do proletariado mundial!!!