domingo, 26 de junio de 2016

NOTAS DIANTE DO FAMOSO " BREXIT "

As distintas asambleas locais do Encontro de Marxistas veñen de analizar o resultado no Reino Unido da permanencia ou da saída deste Estado, sendo o reconto de votos favorable a deixar dun lado a Unión Europea. As conclusións que sacamos nun traballo de debate común son as seguintes:

1. Consideramos en primer lugar que este acontecemento debe de ser toda unha lección para a esquerda revolucionaria. Sendo certo que algunhas forzas anticapitalistas dos países veciños fixeron campaña polo Brexit, a maioría do peso desta opción foi levada pola extrema dereita. Certas opcións revisionistas, autodenominadas comunistas, a nivel internacional, seguen sin comprender que as contradiccións entre bloques imperialistas poden favorecer o avance de cara o Socialismo, en tanto que poñen en evidencia o egoísmo das ditaduras oligárquicas. 

2. Non pode reformarse, a pesar do que cita por exemplo o PEE ( Partido da Esquerda Europea ), ou na nosa nación o proxecto continuista / reformista chamado En Marea, unha institución antipopular e baseada no belicismo e a imposición. A única opción de alternativa para a Unión Europea no é esa ilusión da " Europa dos povos ", senon a propia saída coma estan a entender xa amplos sectores da clase traballadora en Francia por exemplo. Toca ser mais firmes e concisos neste aspecto fundamental. Sen ruptura coas institucións tomadas polos oligarcas e a patronal é imposible avanzar cara o Socialismo. 

3. Chamamos a solidariedade internacionalista e ofrecemos todo o noso apoio é comprensión para os camaradas británicos do CPGB ( ML ), que de seguro han de ser capaces de organizar a revolución na Gran Bretaña, ampliándose debandito chamado o proletariado, o estudantado e os intelectuais en servizo do ideario leninista.